Blogia

Concurso de blogs do BARONCELI

Participantes no concurso

Participantes no concurso

Aquí está a lista de participantes no concurso. Dende aquí podedes premer nos diferentes enlaces e visitar os blogs dos vosos compañeiros. Lembrade que tedes ata o 1 de xuño de 2009 para por contidos no blog. E lembrade (xa vexo eu moita flexibilidade, mmmm...) que a ortografía é un dos criterios para levar o premio final. Tamén a variedade e a interese dos contidos, a organización e deseño do blog, etc. (consultade as bases para lembrardes os puntos nos que debedes esforzarvos!!). Un último consello: fuchicade moito e preguntade cando teñades dúbidas.

ISMAEL GONZÁLEZ FERNÁNDEZ 4º B (blog personal) LAMARDEITE http://lamardeite.blogspot.com/

LUIS MARCELINO RODRÍGUEZ SALGADO 4º B (blog personal) TÓMALLE OUTRA http://estivadas.blogspot.com/

ANDRÉ GONZÁLEZ ÁLVAREZ 4º B (blog personal) Q CHE IMPORTA A TI http://qcheimportaati.blogspot.com/

CARLOS ALONSO GÓMEZ 4º B (blog personal) CHORIZO CON PAN http://chorizoconpan.blogspot.com

YOANA AFONSO RODRÍGUEZ 4º B (blog personal) cOlliGe ViRgo rOsAs http://colligevirgorozas.blogspot.com/

NAYARA MUNIQUE SILVA 4º B (blog personal) LOCURAS DE TODO EL MUNDO http://locurasdetodoelmundo.blogspot.com

LORENA BOUZAS SOTELO 4º B (blog personal)  AMOR CIEGO  http://bomberita-amor-ciego.blogspot.com

LAURA PARDO PÉREZ 4º A (blog personal) LAURA ’S STORIES http://lauraslive.blogspot.com

ALUMNOS DE 4º DIV (blog colectivo, de temática diversa) ÁMBITOS http://ambitosdiversos.blogspot.com/

ALUMNOS DE 1º A (blog colectivo, sobre ecología y medio ambiente) atRAcon http://rincondeatracon.blogspot.com/

PABLO PÉREZ BLANCO 3º B (blog personal) PABLO PÉREZ VERÍN http://pabloperezverin.blogger.com

SANDRA FIDALGO DO NACIMENTO 4º A (blog personal) EL RINCÓN DEL TRIO GALEGO http://fidiloka-pintoradulce.blogspot.com

JENI CENDÓN OLIVEIRA 4º A (blog personal) EL LUGAR DE LA CHIQUI http://chiki-jlo.blogspot.com

DIEGO PASCUAL GALLEGO 3º B (blog personal) DIEGO_NERONIX http://neronixdiego.blogspot.com

MARÍA BARJA PÉREZ 3º B (blog personal) MERY AND MIS NINIAS http://meryandmisninias.blogspot.com

IVÁN LÓPEZ GRECO 3º B (blog personal) IVÁN Y EL ENTROIDO http://ivanlopezgreco.blogspot.com

LUIS MIGUEL FREITAS TORO (blog personal) LUIS MIGUEL Y EL MUNDO http://lmftbouses.blogspot.com

ÁNGEL PAYO, 4º A (blog personal) O ÁNGEL DA SALGUEIRA http://angelsalgueira.blogspot.com

LUCÍA GARCÍA, 4º A (blog personal) BLOG DA LU (POS AMIG@S) http://aludeflorderrey.blogspot.com/

TANIA ALONSO, 4º A (blog personal) EL BLOG DE TANY http://taniadeprogo.blogspot.com/

BELÉN RIGÜELA, 4º A (blog personal) BELÉN HISTORYS http://belenrr22.blogspot.com/

ANDREA RODRÍGUEZ VILA, 4º A (blog personal) ANDREARV27 http://andreasanciprian27.blogspot.com/

JÉNIFER ÁLVAREZ, 4º A (blog personal) EL BLOG DE LAS LOKAS DE GALICIA http://kleofidilore.blogspot.com/

MANOLI OTERO, 4º A (blog personal) EL RINCÓN DE MANOLI http://manolytaverin93.blogspot.com/

MARÍA RIVERO, 4º A (blog personal) MARÍA RM24 http://maria24sanciprian.blogspot.com/

SANDRA DIZ, 4º A (blog personal) EL RINCÓN DE SANDRA http://dizsandraveiga.blogspot.com/

LUIS DANIEL MOREIRAS, 4º A (blog personal) EL BREAK BLOG DE KACHOUPO http://kachoupolaza.blogspot.com/

NACHO PARDO, 4º A (blog personal)    BLOG DE NACHO  http://nachooimbra.blogspot.com/

DAVID GINZO, 4º A (blog personal)  TÚZARO77JEJE   http://tuzaro77jeje.blogspot.com/

SILVIA VEIGA PARDO, 3º A (blog personal) SILVIA VEIGA http://silviaveiga.blogspot.com/

MARÍA ISABEL SALGADO PÉREZ, 2º B (blog personal) MARÍA ISABEL http://rubiosguai.blogspot.com/

 

 

Bases do concurso de blogs

Quen?

Poden participar todos os alumnos matriculados durante o curso 2008/09 no IES Castro de Baronceli.

Que?

O que se presentará a concurso será un blog que teñades ou creedes, e no que iredes publicando artigos e recibindo comentarios ao longo do curso 2008/09.

Blog?

Básicamente, un Blog non é máis que un espacio personal de escritura en Internet no que o seu autor publica artigos ou novas (post) que poden conter texto, imaxes, vídeos, hipervínculos... Están pensados para utilizalos coma unha especie de diario on-line que unha persoa usa para informar, compartir, debater periódicamente das cousas que lle gustan e interesan.

Para máis información pincha aquí

Cando?

Para que un blog entre a concurso ten que inscribirse antes das vacacións de nadal, e concursará co contido que teña dende o inicio de curso ata o primeiro de xuño de 2009.

A mediados de xuño de 2009 farase pública a relación de ganadores.

Canto?

Aínda que o verdadeiro premio sexa xa o de participar e abrir unha canle de comunicación aos vosos compañeiros, tamén haberá recompensas en metálico para os máis materialistas :)

  • Primeiro premio: unha estupenda cámara de fotos dixital!!
  • Segundo premio: un mp4!
  • Terceiro premio: un penDrive de memoria USB!

...e diplomas acreditativos!

Normas?

  1. O blog pódese crear en calqueira portal de internet: blogger.com, blogia.com, wordpress.com, lacoctelera.com, blogspirit.com, blogsome.com...
  2. Pódese meter a concurso máis dun blog por persoa.
  3. A temática é libre.
  4. Poderase publicar indistintamente en galego ou castelán. Algún artigo poderase mesmo escribir en inglés ou francés, as linguas que se estudian no Instituto.
  5. Permitirase a inserción de comentarios (tanto de forma rexistrada, como anónima), sendo responsabilidade do participante a moderación dos mesmos (eliminar aqueles cun contido inadecuado, insultante, etc.
  6. Pódese publicar un blog baixo seudónimo (o resto de participantes/lectores descoñecen a identidade do autor do blog). Neste caso o coordinador TIC (Israel) ou a dirección do centro debe ter coñecemento da identidade do participante, e esta so se fará pública de resultar gañador, baixo petición do interesado, ou en caso de incurrir en responsabilidades acerca do seu contido/moderación.
  7. O contido deberá ser respetuoso con profesores, compañeiros e institucións, así como cumplir coas normas éticas de sentido común.
  8. O centro resérvase o dereito a sacar de concurso calqueira blog que non cumpra as normas establecidas.
  9. Toda información relativa ao concurso farase pública neste blog (a modo de tablón de anuncios), e todo concursante ten o deber de coñecer as pautas que a través do mesmo se vaian marcando.
  10. Cada concursante é responsable das súas publicacións e deberá responder do seu contido ante o centro escolar ou calqueira autoridade que estime o incumprimento das normas legais.
  11. O IES Castro de Baronceli queda libre de toda responsabilidade que se poida producir polo abuso ou no incumprimento da lei de protección de datos, e demáis legalidade vixente por parte dos autores dos blogs na administración de su contenido.

Criterios?

O xurado valorará os blogs tendo en conta os seguintes criterios:

  • Cantidade: número de artigos, fotos, vídeos, comentarios recibidos.... (20%)
  • Calidade: ortografía, redacción, corrección... (15%)
  • Orixinalidade: creatividade do escrito, innovación, simpatía... (15%)
  • Deseño: presentación, uso avanzado daa configuración e administración do blog... (15%)
  • Popularidade: aparición do blog en medios de comunicación, enlaces de Internet... (10%)
  • Votación popular: (25%)

Xurado?

Antes da finalización do concurso farase público un xurado que valorará os blogs en base aos criterios establecidos.

A quen?

Se hai algo máis que queirades saber podedes preguntar a Israel.

Algo máis?

Cualqueira nova que vaia xurdindo irase publicando a través deste medio http://baronceli.blogia.com que, como vedes, non é máis ca un Blog.

Inscrición?

Para inscribirse so fai falla responder (en forma de comentario ou enviando un e-mail) á publicación seguinte que leva por título Para inscribirse e na que se especifican os datos a remitir.

A dirección de todos os blogs inscritos aparecerá nun artigo para que todos poidades lervos os uns aos outros.

 

Para inscribirse

Para inscribirte debes enviar un e-mail a israelprofedelengua@gmail.com coa seguinte información:

  • Nome e apelidos.
  • Curso e grupo.
  • Data de nacemento.
  • Dirección de correo electrónico usada para o blog
  • Nome usado para firmar as entradas no blog. O que se introduce na primeira pantalla da creación do blog no apartado "Mostrar Nombre".
  • Título do blog. O que se introduce na segunda pantalla de creación do blog.
  • Dirección (URL) do blog. Por exemplo baronceli.blogia.com.
  • Temática do blog.

 

Se queres participar baixo seudónimo, podes indicalo e usarase o nome para firmar como única identificación.
Para calqueira aclaración non dubides en consultar a Israel.

Tutorial

Tutorial de Blogger
View SlideShare presentation or Upload your own. (tags: web blogger)

Tutorial de Blogger