Bases do concurso de blogs
Quen?
Poden participar todos os alumnos matriculados durante o curso 2008/09 no IES Castro de Baronceli.
Que?
O que se presentará a concurso será un blog que teñades ou creedes, e no que iredes publicando artigos e recibindo comentarios ao longo do curso 2008/09.
Blog?
Básicamente, un Blog non é máis que un espacio personal de escritura en Internet no que o seu autor publica artigos ou novas (post) que poden conter texto, imaxes, vídeos, hipervínculos... Están pensados para utilizalos coma unha especie de diario on-line que unha persoa usa para informar, compartir, debater periódicamente das cousas que lle gustan e interesan.
Para máis información pincha aquí
Cando?
Para que un blog entre a concurso ten que inscribirse antes das vacacións de nadal, e concursará co contido que teña dende o inicio de curso ata o primeiro de xuño de 2009.
A mediados de xuño de 2009 farase pública a relación de ganadores.
Canto?
Aínda que o verdadeiro premio sexa xa o de participar e abrir unha canle de comunicación aos vosos compañeiros, tamén haberá recompensas en metálico para os máis materialistas :)
- Primeiro premio: unha estupenda cámara de fotos dixital!!
- Segundo premio: un mp4!
- Terceiro premio: un penDrive de memoria USB!
...e diplomas acreditativos!
Normas?
- O blog pódese crear en calqueira portal de internet: blogger.com, blogia.com, wordpress.com, lacoctelera.com, blogspirit.com, blogsome.com...
- Pódese meter a concurso máis dun blog por persoa.
- A temática é libre.
- Poderase publicar indistintamente en galego ou castelán. Algún artigo poderase mesmo escribir en inglés ou francés, as linguas que se estudian no Instituto.
- Permitirase a inserción de comentarios (tanto de forma rexistrada, como anónima), sendo responsabilidade do participante a moderación dos mesmos (eliminar aqueles cun contido inadecuado, insultante, etc.
- Pódese publicar un blog baixo seudónimo (o resto de participantes/lectores descoñecen a identidade do autor do blog). Neste caso o coordinador TIC (Israel) ou a dirección do centro debe ter coñecemento da identidade do participante, e esta so se fará pública de resultar gañador, baixo petición do interesado, ou en caso de incurrir en responsabilidades acerca do seu contido/moderación.
- O contido deberá ser respetuoso con profesores, compañeiros e institucións, así como cumplir coas normas éticas de sentido común.
- O centro resérvase o dereito a sacar de concurso calqueira blog que non cumpra as normas establecidas.
- Toda información relativa ao concurso farase pública neste blog (a modo de tablón de anuncios), e todo concursante ten o deber de coñecer as pautas que a través do mesmo se vaian marcando.
- Cada concursante é responsable das súas publicacións e deberá responder do seu contido ante o centro escolar ou calqueira autoridade que estime o incumprimento das normas legais.
- O IES Castro de Baronceli queda libre de toda responsabilidade que se poida producir polo abuso ou no incumprimento da lei de protección de datos, e demáis legalidade vixente por parte dos autores dos blogs na administración de su contenido.
Criterios?
O xurado valorará os blogs tendo en conta os seguintes criterios:
- Cantidade: número de artigos, fotos, vídeos, comentarios recibidos.... (20%)
- Calidade: ortografía, redacción, corrección... (15%)
- Orixinalidade: creatividade do escrito, innovación, simpatía... (15%)
- Deseño: presentación, uso avanzado daa configuración e administración do blog... (15%)
- Popularidade: aparición do blog en medios de comunicación, enlaces de Internet... (10%)
- Votación popular: (25%)
Xurado?
Antes da finalización do concurso farase público un xurado que valorará os blogs en base aos criterios establecidos.
A quen?
Se hai algo máis que queirades saber podedes preguntar a Israel.
Algo máis?
Cualqueira nova que vaia xurdindo irase publicando a través deste medio http://baronceli.blogia.com que, como vedes, non é máis ca un Blog.
Inscrición?
Para inscribirse so fai falla responder (en forma de comentario ou enviando un e-mail) á publicación seguinte que leva por título Para inscribirse e na que se especifican os datos a remitir.
A dirección de todos os blogs inscritos aparecerá nun artigo para que todos poidades lervos os uns aos outros.
0 comentarios